Coñece o Noso Equipo

Somos unha nova startup que desenvolve solucións baseadas nunha Intelixencia Artificial útil, responsable e enfocada ao cliente, asistindo ás persoas no seu día a día mediante unha innovación sostible que respecta a propiedade dos seus datos.

Lara Neira
González

CEO
Co-Founder

Adrián Rodríguez
Sanjurjo

CDO
Co-Founder

Elena Alonso
Rodríguez

CMO
Co-Founder

David Fernández
García

CTO
Co-Founder

Anxo Asensio
Díaz

Software Designer & Developer
Co-Founder

Pablo Ramos Muras

Software Developer
Partner

Comezos de Nigal

Comezamos a nosa historia a finais de 2019 en Ribadeo (Lugo), cando dous expertos en data scientists e un grupo de desenvolvedores de software decidiron unir as nosas capacidades para axudar ás empresas no seu día a día, facilitando o poder dos seus datos mediante solucións baseadas en modelos matemáticos que permitan axilizar a toma de decisións e optimizar os seus procesos.

Pero queriamos dar un paso máis... Conscientes de que hai moitas empresas que teñen poucos datos, propuxémonos un reto: democratizar a Intelixencia Artificial extraendo a maior cantidade de información posible incluso naqueles casos con poucos datos. Para iso, comezamos a desenvolver aplicacións móbiles que sirvan para recoller datos e paliar a falta de rexistros dixitais, complementando así a adquisición de datos a partir de sensores (IoT).

Historia do logotipo de Nigal

Aínda faltaba algo moi importante: o nome e o logotipo da empresa. Se algo tiñamos claro era que tiña que representar a nosa filosofía. Entón, por que Nigal?

Nigal son as iniciais duns termos cos que nos sentimos moi identificados: Nova Industria Galega. Cremos que as solucións de Machine Learning e os modelos matemáticos en xeral teñen moito que aportar á Industria 4.0 e que é hora de que Galicia sexa un referente.

Pero este nome ten máis historia, e é que Nigal (ou a gran dama) era unha deusa da mitoloxía mesopotámica, protectora da cidade de Ur e á que se lle daban poderes de adiviñación a través dos soños. E da misma forma que a civilización mesopotámica baseouse nas aparicións desta deusa nos seus soños, en Nova Industria Galega queremos que os nosos clientes poidan tomar as súas decisións baseándose na ciencia de datos. Este paralelismo, unido ao feito de que a nosa conselleira delegada é unha muller, fixo que nos decidamos por NIGAL.

Nigal era unha deusa lunar e por iso estaba representada cunha media lúa, elemento que tiña que estar presente no noso logotipo. Ademais, incorporamos unha rede neuronal, icona do modelo máis coñecido de Intelixencia Artificial, que completa a nosa imaxe corporativa. E así escribimos a primeira páxina da historia de Nigal.