Nova Industria Galega resultou beneficiaria da convocatoria Conecta Hubs para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de innovación dixital que permiten avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852C).

O programa Conecta Hubs está subvencionado por la Axencia Galega de Innovación e conta co apoio da Vicepresidencia Segunda e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia.

Nova Industria Galega (Nigal), SCRobotics e Indominus forman o consorcio que executa o proxecto Libatio que ten como obxectivo xeral o desenvolvemento dun sistema d monitorización intelixente que achegue a transformación dixital ao Sector Vitivinícola mediante a integración do Internet das Cousas (IoT), da Intelixencia Artificial (Machine Learning) e da Simulación de Modelos Matemáticos por Computadora (Digital Twin) aplicados aos procesos de maduración e fermentación do viño.

A falta de uns meses para o remate do proxecto, xa na súa anualidade 2023, os socios foron quen de conseguir unha gran parte dos avances previstos. Os mais significativos son:

Deseño e instalación de tapas intelixentes para os depósitos de aceiro inoxidable onde se almacena o viño que permiten a monitorización das condicións ambiente no interior dos mesmos e incluso a toma de fotografías da superficie do líquido

Modelización matemática do proceso de fermentación do viño apoiada na implementación de algoritmos de optimización e control do proceso con que se logran reducións significativas do consumo enerxético ligado ao mesmo, sen comprometer a calidade do produto final.

Deseño e implementación dunha plataforma web para dar cabida a todos os datos do proceso de monitorización en tempo real e na se logran predicións baseadas en parámetros medibles (temperatura, humidade, presión, presencia de osíxeno…), co obxectivo de lograr a estandarización organoléptica do viño ao longo dos anos.

Tamén se estableceu un sistema de notificación intelixente e de alertas que permite ao produtor controlar os parámetros críticos de produción e reaccionar de maneira inmediata ante calquera continxencia, fundamentalmente a través dunha aplicación móbil.

Os últimos meses de execución do proxecto dedicaranse a realizar tarefas de axuste e validación do sistema, finalizar os procesos de certificación e homologación técnica e á difusión dos principais resultados obtidos.